BENVIDO

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS GROVENSES DE BENS E SERVIZOS

Quen somos

Emgrobes, a Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos, é a asociación que agrupa aos empresarios do comercio, industria e turismo do Grove na defensa dos intereses comúns e os do noso pobo.

Nesta asociación temos como principal obxectivo a unión empresarial na defensa dos intereses do Grove. Desenvolvemos continuas actividades de dinamización comercial, industrial e turística que melloran estes sectores económicos e toda a economía local no seu conxunto.

SERVIZOS AOS NOSOS ASOCIADOS

Asóciache e poderás gozar dos seguintes servizos

Promoción comercial

Promovemos campañas comerciais orientadas ao fomento das vendas dos nosos asociados

Representación colectiva

Como agrupación temos capacidade de trasladar nosas necesidades aos organismos públicos correspondentes.

Presencia nos medios

Coas nosas actividades colectivas acadamos presencia nos medios

Formación

Periódicamente a asociación realiza cursos de formación e especialización para os seus asociados

Información e asesoramento

Ofrecemos asesoramento empresarial que poida ser relevante aos nosos asociados

Convenios

Nosos asociados contan coa posibilidade de disfrutar de descontos especiais

CCA de Tendas

O comercio local con unha imaxe e promoción única

TARXETA COMERCIO DO GROVE

Compra nun comercio e presenta a túa tarxeta para engadirlle os puntos correspondentes.

En cada nova compra podes seguir acumulando puntos ou canxealos por descontos na túa compra.

Solicita a túa! Visita www.ccadetendas.com para máis información.

Campaña Día da Nai 2024

EMGROBES repartirá, pola campaña do día do Pai, entre os socios a campaña “ DIA DA NAI”  consistente en RAÑAS que poden conter premios e descontos directos de 10€, 20€, 30€ ou 50€, cun total de 1.200€ en premios ou tamén agasallos como tazas día da nai e colgatodo.

A campaña terá unha duración dende o día 22 de abril de 2024 ata o día 5 de maio de 2024, ambos incluídos.

Os gañadores/as do Sorteo poderán utilizar os vales de compra nos establecementos socios participantes na campaña do día do Pai, no plazo dun mes dende a data do sorteo.

Actualidade

Coñece as novas máis relevantes relacionadas coa actualidade da asociación

Campaña Volta ó Cole 2023

Campaña Volta ó Cole 2023

A Asociación de Empresarios de Bens e Servicios realiza unha campaña de comercio chamada “volta ó cole” na que se repartirán entre os clientes do CCA de Tendas invitacións para a Festa da Volta que se celebrará o domingo día 17 de setembro, domingo de 17.30 a 20.30 horas, na Praza do Corgo.

Campaña Come, Merca, Ama O Grove 2023

Campaña Come, Merca, Ama O Grove 2023

A Asociación de Empresarios de Bens e Servicios levará a cabo do 15 ao 30 de Xuño a campaña Campaña Comer,  Merca, Ama o Grove 2022 para a promoción do comercio, a hostalería e os aloxamentos locais. Con este motivo repartiranse un total de 1200 euros en premios que se sortearán con premios instantáneos que poderás acadar cada vez que realices unha compra nalgún dos establecementos asociados á campaña.

Campaña Día da Nai 2023

Campaña Día da Nai 2023

A Asociación de Empresarios de Bens e Servicios levará a cabo unha campaña de promoción do comercio local debido á celebración do Día da Nai o próximo 7 de Maio. Con este motivo repartiranse un total de 1200 euros en premios que se sortearán na modalidade de cupóns «rasca e gana», que poderás conseguir cada vez que realices unha compra nalgún dos establecementos asociados á campaña.

Forma parte da asociación

Se tes un negocio no Grove lembra que xuntos somos máis! Contacta connosco e coñece todas as vantaxes de ser socio.