• Obxectivos

    Esta asociación ten como principal obxectivo a defensa dos intereses comerciais dos seus socios, asi como a realización de labores de información e promoción dos asociados, fomentando sempre entre eles unha colaboración mutua.

    Para lograr este cometido, as nosas premisas básicas son:

    • Promover e defender a unidade e a integración empresarial.
    • Defender os intereses e iniciativas empresariais ante a Administración, sindicatos, etc.
    • Informar permanentemente sobre a situación económica e sectorial.
    • Propiciar o desenvolvemento económico do Grove.

    O Centro Comercial Aberto “De Tendas”, integrado en Emgrobes, ten como fin principal o de acadar a unidade de imaxe e de actuación dos asociados, asi como a unificación de servizos de todos os profesionais adheridos.