• Servizos

    De maneira personalizada, realizamos accións de asesoramento aos nosos asociados, tanto en materia de contabilidade como na tramitación de impostos:

    - Declaracións censáis (MOD. 036, 037)
    - Declaracións trimestrais (MOD.110, 115, 300, 301, 310, 130, 131,…)
    - Declaracións anuais (MOD 180, 190, 390, IRPF)

    Asimesmo, orientamos aos asociados nas múltiples e diversas cuestións laboráis (nóminas, seguros sociais, contratos laborais, etc….) e/ou xurídicas que lles poidan xurdir no desenvolvmento da súa actividade comercial. As consultas máis demandadas ao longo dos anos son as relativas a arrendamento urbán, dereito de propiedade, consumo e lei de comercio en particular e todas as que concirnen ás relacións laborais que vinculan a empresario e traballador no exercicio dos seus respectivos cometidos e responsabilidades en xeral.

    A Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servicios asesora tamén ao asociado sobre as posibilidades de obter financiación, a través do estudo das diferentes axudas e subvencións que poidan estar relacionadas coas actuacións levadas a cabo no ámbito empresarial.

    Todo aquel que se asocie a EMGROBES queda integrado no Centro Comercial Aberto “De Tendas”, podendo desta forma beneficiarse das diferentes campañas de promoción conxunta (rebaixas, descontos, etc.) así como da posibilidade de obter a tarxeta Punto Oro.

    EMGROBES pretende exercer de enlace entre os membros da asociación de empresarios que oferten emprego e os cidadáns desempregados, e para iso está poñendo en marcha unha Bolsa de Emprego na que figurarán os datos das empresas que ofrecen traballo e as características dos postos ofertados, de tal maneira que as persoas interesadas poidan presentar as súas candidaturas.

    Tamén través da páxina web da asociación, na que se amosan dúas zonas claramente diferenciadas, unha de acceso xeral e outra privada con clave persoal de acceso, os asociados poderán gozar, entre outros, das seguintes vantaxes:

    -Información: comunicados ós asociados, boletíns, circulares, xornadas e encontros, etc.
    - Base de dato: información das empresas asociadas para realizar contactos ou intercambios comerciais.
    - Bolsa de emprego: ofertas de emprego .

    Por outra banda, cabe resaltar actividades complementarias que se levan a cabo desde EMGROBES como cursos de formación a empresarios, cursos de formación continua a empregados, xornadas informativas sobre temas de actualidade empresarial, conferencias ou firma de convenios de distinta índole en beneficio dos asociados.