• Quen somos?

    En 1986 un grupo de empresarios do Grove uníronse para defender de forma conxunta os seus intereses, así como para ter un maior peso específico á hora de participar nas decisións que lles afectasen directamente. Así nace EMGROBES (Empresarios Grovenses de Bens e Servicios).

    EMGROBES é unha organización absolutamente aberta que pretende agrupar a todos os empresarios e comerciantes do Grove,e que se basea na coordinación, representación, xestión, fomento e defensa dos intereses xerais e comúns das empresas. Esta entidade está dotada de personalidade xurídica e con plena capacidade de obrar en cumprimento dos seus fins. Ademais, trátase dunha organización independiente da Administración, das organizacións de traballadores e dos partidos políticos.

    EMGROBES participa en diferentes foros de interese para os seus socios, como son a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), o Consorcio de Comercio do Salnés, o Foro Galego de Comercio, o Grupo Acción Costeira Ría de Arousa (GAC Ría de Arousa), o Grupo de Desenvolvementlo Rural do Salnés (GDR Salnés), Consello Sectorial da Muller do Concello do Grove, e o Consello Sectorial do Turismo do Concello de o Grove.

    Na actualidade EMGROBES, e a asociación da vila con maior traxectoria e aglutina a case un douscentos asociados, pertencentes aos diferentes sectores da economía grovense.

    En 2001 creouse o Centro Comercial Aberto “De Tendas” coa finalidade de que o comercio local teña unha imaxe única, e levar a cabo, así, promoción e publicidade en común, asi como a unificación de servizos para conseguir ser máis competitivos.

    O último proxecto que levou a cabo a asociación no ano 2009 foi o ” Diagnostico e Plan de Futuro Económico e Empresarial de O Grove” en colaboración con técnicos da CEP e da Escola de Negocios Caixanova. Un estudo pormenorizado que servirá de peza clave para dinamizar a actividade empresarial grovense e promover o desenvolvemento económico e social da vila.