• Historia

    Despois de varios anos barallando a idea, os socios de Emgrobes deciden, definitivamente, no ano 2007 crear uns galardóns cos que premiar a persoas, empresas e/ou institucións que colaboren co desenvolvemento do tecido económico do Grove. Nese mesmo ano celébrase a primeira edición do Grove de Ouro, nome que recibe o premio, nacido coa intención de ser entregado anualmente.

    Asimesmo, a Xunta Directiva, acordou entregar como distinción complementaria os “Grove de Prata”, como símbolo de recoñecemento aos representantes das empresas que, estando asociadas a EMGROBES por un tempo mínimo ininterrompido de dez anos, se xubilen, cesen a súa actividade ou traspasen o seu negocio no ano anterior á entrega do premio.

    Para entregar ámbolos dous galardóns, acordouse facelo nunha data significativa tanta para Emgrobes como para o resoto da vila, San Martiño (11 de novembro), cando se adoita celebrar a cea anual de EMGROBES.