Premiados
Este ano 2010, celébrase a cuarta edición deste premio, O Grove de Ouro, que se vai consolidando a medida que pasa o tempo. Á espera de saber quenes resultarán galardoados nesta ocasión, ocuparemos este espazo lembrando quenes obtiveron estes distintivos nas pasadas convocatorias:
EDICION 2007
O Grove de Ouro 2007 otorgóuselle a Caixanova, por ser unha entidade que ocupa un lugar de importancia no tecido económico do Grove, así como pola súa colaboración e apoio no desenvolvemento dos centros comerciais abertos da Comarca do Salnés en xeral e do Centro Comercial Aberto “De Tendas” en particular.
Os Grove de Prata 2007 concedéronselle a Antonio Aguiño Aguín (Gráficas Aguiño Aguín), José Millán Fernández (Regalos Millán), María Prieto Magdalena (Modas Xela) e Milagros Domínguez Lores (Hostal Montesol), como recoñecemento á súa contribución no desenvolvemento desta Asociación, así como súa dilatada vida laboral.
EDICION 2008
O Grove de Ouro recaeu no ano 2008 no Conselleiro de Innovación e Industria Fernando Xavier Blanco Álvarez, polo compromiso que mostrou en implantar as novas tecnoloxias e mellorar as infraestructuras de telecomunicación.Durante a súa etapa como Conselleiro ofreceu un importante apoio económico ao comercio local e á vida emrpesarial do Grove.
O Grove de Prata 2008 foi outorgado a Carmen Domínguez Galiñanes (Restaurante O Cruceiro), en recoñecemento a sua dilatada vida profesional.
EDICION 2009
O Grove de Ouro otorgouse no ano 2009 no BANCO PASTOR, como propietario do Gran Hotel de La Toja, por ser un dos motores económicos de maior arraigo na vila, dando a coñecer a imaxe do Grove e de Galicia de forma nacional e internacional e converterse nun dos símbolos e marca para a sua promoción. e foi recollido polo presidente do Banco Pastor, D. Jose Maria Arias Mosquera.
O Grove de Prata 2009 foi entregado a Dna. Carmen Digna Prieto Devesa (Restaurante O Crisol) pola sua longa traxectoria profesional asi como por unha vida adicada a promocion da cociña tradicional galega e dos productos do mar autoctonos da Ria de Arousa.


