• VI CEA BAILE EMGROBES

    normal_cea_emgrobes_2009

    Como ven sendo xa tradicional, a Xunta Directiva de EMGROBES ten o pracer de invítalo/a á “VI CEA BAILE DE EMGROBES” que se celebrara o vindeiro día mercores 10 de novembro de 2010 as 21:30 horas no Gran Hotel de La Toja.

    O prezo do cuberto será de 50 € por persoa, os socios e empresas colaboradoras que desexen asistir a cea deberán retirar as invitacións nas oficinas de EMGROBES antes do día 8 de novembro, co obxecto de poder organizar adecuadamente o evento.

    Durante o transcurso deste evento, entregarase o galradon “O Grove de Ouro” que este ano recaeu na Escola de Negocios de Caixanova, que o longo das mais de duas décadas de vida, nacendo como o primeiro centro desta características e converterse no centro de referencia líder na formación de empresarios e directivos de Galicia, resto de España e internacionais, contando unha ampla nomina de profesionais de primeiro nivel, e de forma moi particular por ser o redactor do documento “Diagnostico e Plan de futuro Económico e empresarial de O Grove” en colaboración coa CEP e esta Asociación, e que servirá de guía para o desenrolo desta localidade.

    Tamén se fai entrega de “O Grove de Prata” , que este ano recaeu en D. Fernando Sanmartin Devesa pola súa longa traxectoria profesional, así como por unha vida adicada o sector hostelería rexentando a Cafetería Domínguez, un dos establecementos emblemáticos e de maior traxectoria dentro do sector no Grove.

    Os comentarios estan pechados.

    Esta noticia foi publicada o día Venres, 22 de Outubro de 2010 ás 10:52 na sección Novas Emgrobes, O Grove de Ouro. Podes seguir as respostas a través do sistema RSS 2.0. ...