EMGROBES PROMOVE UN SEMINARIO SOBRE INNOVACION
O Xoves 24 de Xuño as 21:00 horas, tivo lugar o Coloquio que tiña como titulo “Xornada sobre o Apoios Públicos á Innovacion”, que organiza EMGROBES en colaboración coa Confederación de Empresarios de Pontevedra e Ingafor. Esta xornada esta encadrada dentro do programa Red IcoPyme.
Os poñentes desta Xornada foron Jose Manuel Castro (Especialista en melloras de procesos e aplicacións tecnolóxicas e Ex -Subdirector de difusión tecnoloxica do IGAPE) e Pablo Lopez Gutierrez (Consultor Asociacido de Auren) que expuxeron e deron a coñecer dun modo sinxelo e práctico as diferentes políticas, programas e axentes de apoio á innovación tanto do sector público como privado que interactúan no sistema nacional có obxetivo de incrementar o nivel de innovación ata acadar o índice do crecemento polas políticas europeas.
O obxectivo da acción é brindar ós participantes coñecementos acerca da innovación no entorno empresarial actual. E ser capaces de identificar o estado actual de innovación nas nosas empresas e o seu estado para poder aproveitar as oportunidades do sistema actual de innovación asi como os seus axentes.
Con este tipo de Xornadas dende esta Asociación tratamos de dar a coñecer os medios que as empresas poden aproveitar para adaptarse as novas tecnoloxías, e así tener un maior número de ferramentas practicas para poder remontar a situación de crise económica actual.


