SUBVENCION PARA O FOMENTO DE CREACION E EXPANSION DE CADEAS SUCURSALISTAS, DA MELLORA DOS ESTABLECEMENTOS E DA SÚA IMAXE

Informámoslle que o dia 23 de xuño de 2010 publicouse no Diario Oficial de Galicia, DOGA nº 118 a “Orde do 3 de xuño de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da creación e expansión de cadeas sucursalistas, da mellora dos establecementos comeciais e da imaxe, en desenvolvemento do Plan Ágora, agora Re-Comercia, e se procedera á súa convocatoria para o ano 2010.”
O Plan Ágora, agora Re-Comercia, constitúe un piar fundamental para o desenvolvemento do comercio rentallista en Galicia, tendo como obxectivos principais, entre outros, a mellora da competividade do comercio galego e a súa dinamización.
Para o cumprimento destes obxectivos, esta orde articula axudas para a adecuación física das instalacións que contribúan a un consumo eficiente da enerxía, e á mellora da imaxe comercial.
As actuacións subvencionables nesta Orde, son a Reforma e/ou ampliación do local comercial sempre que a superficie resultante non supere os 300 m2, mellora de illamentos e equipamentos e instalación de aforro de enerxía e auga. Tamen as mediadas dirixidas á mellora da imaxe dos establecementos comerciais que afecten os puntos de venda como a contratación de servizos exteriores de escaparatismo, instalación de letreiros luminosos e rótulos exteriores, adquisición de moblaxe, elementos de decoración e calquera outro tipo de equipamento comercial, con exclusión do equipamento informático.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contando a partir do dia seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
RESUMEN Orden do 3 de xuño, publicada no DOGA o 23 de xuño de 2010.
Orden del 3 de xuño, publicada no DOGA o 23 de xuño de 2010.



