CEA EMGROBES 2009
Como ven sendo xa tradicional, a Xunta Directiva de EMGROBES ten o pracer de invital@ a “V CEA BAILE DE EMGROBES” que se celebrara o vindeiro día venres 4 de decembro de 2009 no Gran Hotel de La Toja.
A súa presencia a este evento será agradecida cun agasallo-recordo conmemorativo do acto, asemesmo procederase a sortear regalos cedidos polas empresas que colaboran con esta Asociación.
Os socios e empresas colaboradoras que desexen asistir a cea deberán retirar antes do día 27 de Novembro as invitacións nas oficinas de EMGROBES, co obxecto de poder organizar adecuadamente o evento.
Durante o transcurso deste evento, entregarase o galradon “O Grove de Ouro” que este ano recaeu no Gran Hotel de La Toja pola súa ampla implicación na vida persoal de moitos grovenses; e por ser un dos motores económicos de maior arraigo na vila, dando a coñecer a imaxe do Grove e de Galicia de forma nacional e internacional e converténdose nun dos símbolos e marca para a súa promoción. E será recollido polo Presidente do Banco Pastor, D. Jose Maria Arias Mosquera.
Tamen se entregara “O Grove de Prata” que este ano recibeo Dna. Carmen Digna Prieto Devesa (Restaurante O Crisol)
pola sua longa traxectoria profesional asi como por unha vida adicada a promoción da cociña tradicional galega e dos productos do mar autoctonos da Ria de Arousa.





