• EMGROBES PRESENTA A CAMPAÑA DE NADAL DE 2014

    dscn3430

    la-voz

    faro-de-vigo2

    todogrove

    O pasado venres, dia 5 de Decembro, presentouse a nova campaña de nadal do C.C.A “De Tendas”, a que acudiron diferentes representantes do Concello, e sendo o punto e seguido despois do encendido das luces de nadal do dia 2 de decembro.

    Esta campaña de EMGROBES e o C.C.A. “De Tendas”, o igual que outros anos, ten o fin de premiar as compras dos clientes dos Establecementos asociados do C.C.A durante as suas compras de nadal.

    Este ano, a Campaña de Nadal seguira unha ambientación no mundo do cine….. dende o deseño do cartel, boletos ata o punto final da Gran Gala de Nadal, que terá a tematica Cinematografica.

    dscn3446

    A campaña que dara comezo hoxe, dia 5 de Decembro ata o próximo dia de Reis, 6 de Xaneiro de 2015 e na que participan o redor de unhs 40 establecementos que se poderan identificar a traves dos carteis promocionais. Entre todos os comercios esta programado que se repartan mais de 10.000 boletos.

    Os premios que se sortearan o próximo dia 8 de xaneiro de 2015, seran:

    14 VALES COMPRA C.C.A. “De Tendas” DE 50€

    3 VALES COMPRA C.C.A. “De Tendas” DE 100€

    1 VIAXE A PALMA DE MALLORCA

    Como novidade este ano, vaise a premiar tamén os establecementos participante nesta Campaña, sorteando entre eles unha fin de semana para duas persoas, o HOTEL PORTA DO SOL SPA 4*

    Como e tradicional, nestas datas, programanse diferentes actividades para os mais cativos, este ano e seguindo a tematica da Campaña , programarase unha sesion de CINE DE NADAL na Sala das Cunchas o 26 de decembro ÁS 17:00H.

    A xa clásica GRAN NEVADA o dia 30 de Decembro ás 12:00H na Praza de Arriba e sempre que o tempo o permita.

    Para rematar a campaña, e como xa e habitual, A Gran Gala de Nadal, “O Cine Meco” …… que como sempre estara chea de diversion, bo humor e participacions do publico

    Toda a A campaña vai estar acompañada de diferentes soportes de publicidade en prensa, carteleria etc………….

    Os comentarios estan pechados.

    Esta noticia foi publicada o día Martes, 9 de Decembro de 2014 ás 10:03 na sección Novas Emgrobes. Podes seguir as respostas a través do sistema RSS 2.0. ...