• A DIRECTORA XERAL DE COMERCIO PRESENTA A CAMPAÑA “MAISQUECOMERCIO.COM”

    dscn3251

    A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, informou hoxe sobre a iniciativa de dinamización comercial Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, unha actuación que se levará a cabo no Centro Comercial Aberto do Grove durante este mes de abril co obxectivo de reforzar o comercio de proximidade incentivando as vendas do comercio local.

    Así, e como explicou Vázquez Abeal, os clientes dos comercios asociados a este centro comercial aberto recibirán durante o mes de abril un cupón por cada 5€ de compra, o que lles permitirá participar nun xogo en liña na web www.maisquecomercio.com. Neste, votando ao seu establecemento favorito optarán a un premio en metálico de 200 euros e outros dous de 100, ademais de participar no sorteo de 40 agasallos diferentes achegados polo propio centro comercial aberto.

    Ao remate do mes durante o que se desenvolverá a iniciativa, o establecemento seleccionado polos clientes que participen na mesma recibirá un recoñecemento público ao seu labor no impulso do comercio de proximidade.

    Neste contexto, a directora xeral de Comercio destacou o papel “fundamental” que ten o comercio grovense na economía desta vila e resaltou as diferentes iniciativas activadas polo centro comercial aberto ao longo de todo o ano. Ademais, recordou que o impulso do asociacionismo comercial configúrase como un dos eixos da estratexia específica de apoio ao sector comercial da Consellería de Economía e Industria, que incide en eidos como o emprendemento, a innovación ou o asociacionismo comercial como claves para mellorar a súa competitividade.

    A iniciativa da Xunta percorrerá os diferentes centros comerciais abertos de Galicia durante todo o ano, resaltando os valores do comercio de proximidade como a calidade, o trato ao cliente, a diferenciación e a variedade. Ademais, permitirá impulsar dito asociacionismo, apoiando o traballo que desenvolven os centros comerciais abertos, unha fórmula que permite o desenvolvemento de estratexias comerciais e a prestación de servizos de forma conxunta no pequeno comercio para mellorar a súa competitividade.

    faro-de-vigo

    todogrove

    diario-de-arousa

    conselleria-de-industria

    Os comentarios estan pechados.

    Esta noticia foi publicada o día Mércores, 2 de Abril de 2014 ás 08:41 na sección C.C.A. "De Tendas", Novas Emgrobes. Podes seguir as respostas a través do sistema RSS 2.0. ...