• EMGROBES DA COMEZO O NADAL 2013 CO ACENDIDO DE ALUMEADO

    O acto de acendido da iluminación de Nadal tivo lugar o pasado venres 29 de novembro pola tarde na Praza de Arriba.

    Varios integrantes da directiva de Emgrobes, acompañaron o Alcalde e conselleira de Educación, para proceder co simbólico acto incluido no programa de actos que conforman a campaña de Nadal.

    Esta iluminación contribuirá a dotar dun maior atractivo este nadal, dandolle mais vida as rúas da vila, e facendo mais atractivas as compras destas datas de celebracións.

    dscn27153

    O igual que a Iluminación de Nadal para facer mais atractivas as compras, dende o dia 18 de novembro os comercios do Centro Comercial Aberto “De Tendas” xa ofrecen a súa clientela os boletos cos que poden participar nos sorteos que Emgrobes levará a cabo nesta campaña, anticipándose neste 2013 a campaña de nadal da asociación empresarial, a este acto de acendido do alumeado. E iso ten un motivo; o adianto do sorteo dos diferentes vales de compra á volta da ponte da Constitución coa idea de que os agraciados poidan empregalos nas súas compras.

    Así mesmo, a campaña de Nadal do colectivo empresarial contará tamén con outra serie de actividades como a “gran nevarada” do 30 de decembro, a visita de Papa Noel, unha ruta cultural polos museos do municipio, unha exhibición hípica ou desfile de moda.

    GALERIA DE FOTOS TODOGROVE.COM

    Os comentarios estan pechados.

    Esta noticia foi publicada o día Luns, 2 de Decembro de 2013 ás 14:17 na sección C.C.A. "De Tendas", Novas Emgrobes. Podes seguir as respostas a través do sistema RSS 2.0. ...