• PREMIOS PARA CONSERVAS SELECTAS DE GALICIA, NATIVIDAD OTERO PROL Y FERNANDO BESADA

    dscn2681

    A asociación empresarial celebrou na noite do venres no hotel Louxo a novena edición da súa cea anual, á que asistiron preto de noventa persoas e na que Emgrobes recoñeceu a traxectoria do grupo conserveiro Garavilla co seu premio “Grove de Ouro” e aos empresarios locais Natividad Otero Prol e Fernando Besada Costa co “Grove de Prata”.

    dscn2675

    Por sétimo ano consecutivo, a cea baile que reúne cada ano a parte do empresariado meco serviu tamén para facer entrega duns galardóns dirixidos a recoñecer a traxectoria de persoas e institucións. Por unha banda, Emgrobes concedeu o ‘Grove de Ouro’ a Conservas Selectas de Galicia SL, pertencente do grupo Garavilla, asentado desde o ano 1975 na península grovense, onde ten a súa “planta máis importante”, como destaca Emgrobes. Esta distinción foi recollida, de mans do alcalde, Miguel Ángel Pérez, polo conselleiro delegado deste grupo Juan Corrales.

    dscn2668

    Previamente, a directora xeral de comercio, Sol Mª Vázquez e o presidente de Emgrobes, José Besada, fixeron entrega do “Grove de Prata”, unhas distincións “nacidas coa idea de servir como recoñecemento aos responsables de empresas” que formen parte da asociación “no momento da súa xubilación ou do cese da súa actividade”. Nesta ocasión estes recoñecementos foron a parar á propietaria da Peluquería Nati, Natividad Otero Prol por 45 anos de actividade profesional á fronte dun dos primeiros negocios asociados a Emgrobes; e ao responsable de Electrón, Fernando Besada Costa, do que a asociación da que fora presidente destacou a súa “implicación nos diferentes proxectos comerciais do Grove”.

    dscn2670

    Discursos, cea e baile

    A entrega destas distincións e a posterior rolda de discursos centraron a parte inicial dun evento que contou coa presenza da directora xeral de Comercio da Xunta, Sol Vázquez, e do presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Luís Novoa, así como de varios representantes do Goberno local.

    Trala parte cerimonial, ás preto de noventa persoas que asistiron á esta novena cea anual de Emgrobes chegoulles o tempo de gozar dunha velada que se viu completada co sorteo dos agasallos doados por diferentes empresas colaboradoras e cun baile que se prolongou ata a madrugada.

    GALERIA DE FOTOS TODOGROVE.COM


    Os comentarios estan pechados.

    Esta noticia foi publicada o día Luns, 25 de Novembro de 2013 ás 10:09 na sección Novas Emgrobes, O Grove de Ouro. Podes seguir as respostas a través do sistema RSS 2.0. ...