• EMGROBES DA COMEZO A CAMPAÑA DE NADAL 2013

    dscn2628

    A asociación Emgrobes e o centro comercial aberto “De tendas” iniciou o día 18 de novembro a súa campaña de Nadal que se prolongará ata o 6 de xaneiro. Este ano adiántanse as datas do inicio buscando unha maior repercusión sobre a cidadanía e unha activación do comercio local, e máis concretamente os establecementos adheridos.

    A presentación tivo lugar na mañá do día 18 de novembro, o acto acudiron o alcalde de O Grove, Miguel Ángel Pérez, a tenente alcalde, Aida Filgueira e a concelleira de Educación, Laura Besada ademais de membros da xunta directiva e as entidades organizadoras.

    En esta edición participarán un total de 50 comercios asociados que repartirán 20.000 boletos, os establecementos que participan dentro da campaña entregarán boletos de participación en función das compras realizadas, para diversos sorteos.

    dscn2627

    Os premios divídense en dúas categorías este ano. Por un lado sortearanse vales compra de 50€ e 100€ e tamén viaxes, unha a Londres e outra a Quinta da Auga. Os vales de compra sortearanse o 12 de decembro, despois da ponte, para que os agraciados poidan facelos efectivos ata o día de Reis.

    Os viaxes que se sortearan, será durante a “Gran Gala de Nadal”, na que participaran tódolos boletos entregados a excepción dos que xa obtiveron premios con vales compra para gastar.

    Un dos atractivos da gala, que se celebrará o 12 de xaneiro, será o concurso que se realizará para coñecer o mellor cociñeiro da localidade. Para elo buscarase a implicación total do público en clave de humor co show “Pasa hasta a cociña”.

    Tamén se desenrolarán actividades para os rapaces e máis novos, como a clásica “Gran Nevada” o dia 30 de Decembro ou a visita de Papá Noel, así como unha exhibición hípica con premios, unha ruta cultural para os nenos polos museos de o Grove, desfiles de moda con tema de igualdade e outras actividades que iremos comunicándovos…….

    A campaña vai estar acompañada de diferentes soportes de publicidade en prensa, carteleira etc…….

    Tamén recordar que este ano a Asociación volveu a xogar un número de Lotaría de Nadal que está a disposición dos interesados nos diferentes establecementos asociados a Emgrobes, o número que se xoga é o Nº 66.164.

    Os comentarios estan pechados.

    Esta noticia foi publicada o día Luns, 25 de Novembro de 2013 ás 09:45 na sección C.C.A. "De Tendas", Novas Emgrobes. Podes seguir as respostas a través do sistema RSS 2.0. ...