• EMGROBES SORTEARA 2.000 € EN VALES COMPRA ESTE NADAL.

    fotos-presentacion-campana-2012-2

    O dia 30 de novembro, ás 13:00 horas na Sala Nova do Concello de O Grove tivo lugar a presentación da Campaña de Nadal 2012 de EMGROBES, a través do Centro Comercial Aberto “De Tendas”.

    A esta presentación acudiron diferentes autoridades locais, como o Alcalde do Grove, Concelleiros da Corporacion Local, socios, membros da Xunta Directiva e colaboradores da campaña .

    Dende Emgrobes enfocouse a Campaña de Nadal có ánimo de que a xente saia a pasear, que se pretende conseguir facendo máis atractivas as compras dos clientes nos establecementos adheridos a Campaña, desenrolando un amplo programas de actividades.

    Buscando o distintivo do “Centro Comercial Aberto “De Tendas”, mercando nun comercio ou empresas adheridas a Campaña de Nadal 2012, entre o día 1 de decembro e o 6 de xaneiro de 2013, ambos incluídos, poderán participar no sorteo de vales compra.

    Sortearanse 2.000 euros en Vales Compra.

    No sorteo do 11 de xaneiro de 2013, sortearase os seguintes premios:

    · 5 premios de 100,00 € en vales de compra

    · 6 premios de 50,00 € en vales de compra

    E na Gala de Nadal do 13 de xaneiro de 2013, descubriremos aos gañadores dos seguintes premios:

    · 1 premio de 600,00 € en vales de compra

    · 2 premios de 300,00 € en vales de compra

    Farase o sorteo dos 3 primeiros premios de vales de compra, realizarase durante a celebración da Gala de Nadal e comunicaráselles en directo ás persoas agraciadas o premio conseguido mediante unha chamada telefónica.

    Durante este Nadal tamén se poderá participar nas actividades organizadas polo Centro Comercial Aberto “De Tendas” e Emgrobes.

    · Venres 21 de decembro de 2012

    Dende ás 17.00 ata as 19.00 horas

    Reparto, por parte de Papá Noel, de flyers e caramelos

    · Luns 31 de decembro de 2012

    GRAN NEVADA

    Ás 12.00 horas, na Praza de Arriba.

    · Domingo 13 de xaneiro de 2013

    GRAN GALA DE NADAL Se o sei, Veño

    Ás 17.30 horas, no pavillón de congresos e exposicións da Illa da Toxa

    Sorteo en directo dos dous primeiros premios de vales de compra da Campaña de Nadal 2012

    Ademais durante esta Gala farase un sorteo especial que terá como destino unha entidade benéfica.

    Toda a Campaña estará apoiada por unha ampla promoción nos diferentes medios, prensa, megafonía, carteleria, flyers, etc., as calles tamén se engalanaran con luces como xa ven sendo tradicional.

    Os comentarios estan pechados.

    Esta noticia foi publicada o día Luns, 3 de Decembro de 2012 ás 18:28 na sección C.C.A. "De Tendas", Novas Emgrobes. Podes seguir as respostas a través do sistema RSS 2.0. ...