• EMGROBES ENTREGA OS SEUS GALARDÓNS NA SÚA CEA ANUAL.

    cea_emgrobes_1

    EMGROBES celebrou na noite deste sábado dia 10 de novembro a 8ª edición da súa Cea Anual, na que deu entrega dos galardóns ‘Grove de Ouro e ‘Grove de Prata’, cos que neste 2012 quixo recoñecer a labor da Excma.Deputación Provincial de Pontevedra, a colaboración brindada por D.Ricardo Otero Barral, propietario da Carpintería Richard; e a traxectoria de D. José Fernández Padin ao fronte do bar O Guiso

    A cea asistiron representantes do empresariado provincial e local, e autoridades autonómicas, provinciales e locales, que se deron cita no Talaso Hotel Louxo La Toja.

    Pero antes de cear e de bailar, este evento centrouse na súa parte cerimonial, que por sexto ano consecutivo da entrega do ‘Grove de Ouro’ e do ‘Grove de Prata’, dous premios cos que a Asociación recoñece a labor e a traxectoria de persoas e institucións.

    Nesta ocasión correspondeulle ao seu presidente, José Besada, e á Conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, facer entrega das dúas distincións de prata, nacidas coa idea de servir como recoñecemento aos responsables de empresas asociadas a Emgrobes no momento da súa xubilación ou do cese da súa actividade.

    cea_emgrobes_13

    Este ano recairon en , un a Ricardo Otero Barral, propietario da Carpintería Richard, “en agradecemento pola colaboración que mantivo con Emgrobes desde a fundación desta organización”; e outro a José Fernández Padín, quen hai poucos meses puña final a moitos anos de traballo no café bar O Guiso que converteu “nun referente do sector dentro do municipio”.

    ‘O Grove de Ouro’ correspondeulle neste 2012 á Excma. Deputación Provincial de Pontevedra, “un dos principais motores dinamizadores dos 62 municipios da provincia e particularmente do Grove” e que constitúe ademais “un dos piares imprescindibles en diferentes ámbitos da economía, cultura e deporte local”.De entregar unha distinción coa que previamente se premiara a Caixanova, á Consellería de Industria, ao Banco Pastor, a Escola de Negocios de Caixanova ou á cooperativa Amegrove, encargouse o Alcalde de O Grove, D. Miguel Ángel Pérez; e de recollela o Presidente da institución provincial, D.Rafael Louzán Abal.

    Rematada a entrega de premios e a posterior rolda de discursos, os comensais puideron finalmente gozar dunha cea que posteriormente se completou co sorteo dos agasallos doados por diferentes empresas colaboradoras e cun baile que se estendeu ata entrada a madrugada.

    Os comentarios estan pechados.

    Esta noticia foi publicada o día Mércores, 14 de Novembro de 2012 ás 17:20 na sección Novas Emgrobes. Podes seguir as respostas a través do sistema RSS 2.0. ...