• PRESENTOUSE A CAMPAÑA DO DIA DO PAI E NAI

    fotos-presentacion-campana-dia-do-pai-e-nai-2012-004

    O venres, as 13:00, tivo lugar a presentación da Campaña dos “DO DIA DO PAI E DO DIA DA NAI” do Centro Comercial Aberto “De Tendas” na sede da Asociación na que particiapan cerca de 90 comercios que repartirán un total de 20.000 boletos.

    Os membros da Xunta Directiva da Asociación agradeceron a participación dos diferentes patrocinadores da campaña e dos comercios participantes, así como animar os clientes a participar na mesma.

    Esta campaña da o dia 9 de marzo e estenderase ata o día o día 6 de maio, que e o día da nai,

    Este ano, o igual que o ano pasado, estas duas campañas que tradicionalmente se realizaban por separado, xuntanse co fin de estar maior tempo funcionando para dar maior importancia as mesmas, os comercios asociados o Centro Comercial Aberto “De Tendas” repartirán os 20.000 boletos que darán opción a participar no sorteo de 500 € en Vales Compras repartidos en dous Premios de 150 € en Vales Compras, e catro de 50 euros en Vales Compra.

    Con esta campaña, tamen se vai promocionar conxuntamente coa paxina web ofertasnogrove.com para que os clientes do Centro Comercial Aberto “De Tendas” a visiten e coñezan de forma mas directa e desde o seu propio domicilio ou dende calquera dispositivo as ofertas que poden atopar nos establecementos asociados a EMGROBES. Esta ferramenta en internet foi acollida polos socios de emgorbes moi satisfatoriamente, unindose a mesma cada dia mais, estando agora cerca dos 40 establecementos con mais de 60 ofertas en dita paxina.

    Esta campaña esta enmarcada na estratexia porta en marcha por esta Asociación, para fidelizar os seus clientes, premiar a confianza que depositan nos establecementos da vila no séu día a día

    Os comentarios estan pechados.

    Esta noticia foi publicada o día Luns, 12 de Marzo de 2012 ás 10:16 na sección Novas Emgrobes. Podes seguir as respostas a través do sistema RSS 2.0. ...