NOVA EDICION DE GROVESTOCK.
O proximo día 7 de outubro esta prevista a apertura dunha nova edicion de GROVESTOCK e que permanecera ata o domingo dia 9. e estara situado no paseo marítimo de Orillamar, con horario de 12:00 horas a 23:00 horas. A inauguracion oficial sera o mesmo dia 7 as 13:00 horas.
Dada a localización elexida este ano, optouse pola instalación de Stans con Jaimas de 5×5 m, dispostos en forma dun paseo na rua, ata acadar o numero de 20 stans ocupados por comercios locais na sua totalidade, onde se poderan atopar productos de moi diversa variedade, tanto de moda, roupa de muller, home, xuvenil e neno, zapatería, complementos, marroquineria, deportes, e pastelería artesana, todo esto a uns prezos moi asequibles.
Con esta iniciativa, procurase complementar as actividades de ocio e ser un atractivo mais para os visitantes de O Grove durante a celebración da XLVIII. Esperando que neste ano se acade un éxito como en edicións anteriores, onde se rexistrou unha ampla afluencia de visitantes.
Asimesmo agradecer a participación dos establecemento que expoñen, xa que sen eles esta iniciativa non seria posible e sinalar que nesta edición acadase a maior participación.





