• PRESENTACION CAMPAÑA DE NADAL 2010


    encendido_emgrobes_7

    O pasado dia 3 de Decembro, as 19:00 horas da tarde na Praza de Arriba realizouse o acendido da “Gran Árbore” e da iluminación que con motivo do Nadal. Neste acto; Emgrobes presentou a campaña de Nadal do Centro Comercial Aberto ‘De Tendas’

    encendido_emgrobes_4

    A campaña de Nadal esta orientada “a xente saía a pasear” polas rúas da vila, algo que pretenden fomentar “facendo máis atractivas as compras do clientes” nos establecementos adheridos e tamén desenvolvendo un “amplo programa” de actividades complementarias.

    Ademais das luces de cores e das bandeirolas, esta campaña do Centro Comercial Aberto “De Tendas” tamén estará apoiada, por “unha ampla promoción nos diferentes medios” de comunicación.

    Convocouse un concurso de debuxo co lema “Os meus país son especiais”, dos que os gañadores a parte do premio, serán os carteis das campañas do “Día do Pai” e do “Día da Nai” e que o fallo sea o dia 24 de decembro.

    O día 10 teremos a partir das 17:00 horas, un “Taller de Cociña Tradicional para Nenos”, na aula da Cofradia de Pescadores.

    O día 18 unha representación de titeres, a partir das 17:00 horas na Praza de Arriba ou na Casa da Cultura dependendo do tempo.

    O dia 31 igual que no ano pasado, repetiremos a “Gran Nevada” na Praza de Arriba a partir das 11:00 horas.

    E para poñer o broche final a Campaña, o día 16 de Xaneiro de 2011 tera lugar a Gran Gala de Nadal, onde se entregaran os premios como xa ven sendo tradicional.

    A parte principal da campaña este ano para o “Sorteo de Nadal”, para o que se repartirán 24.000 boletos estre os case 80 establecementes participantes tera como atractivo os seguintes premios.

    · Premio estrella un Cruceiro para duas persoas polo Mediterraneo”,

    · 2 premios de 500 € en Vales compra,

    · 2 premios de 250 € en vales compra,

    · 5 premios de 100 € en vales compra.

    Os comentarios estan pechados.

    Esta noticia foi publicada o día Martes, 7 de Decembro de 2010 ás 10:40 na sección C.C.A. "De Tendas", Novas Emgrobes. Podes seguir as respostas a través do sistema RSS 2.0. ...